15.12.16

Visita ó forno

Os nenos e nenas de 2º visitamos esta semana o forno. Pasámolo xenial e temos ganas de repetir a experiencia.

Visita ó forno from bemilladoiro on Vimeo.

29.10.16

"O monstro das cores"

Cantamos para espantar os medos nesta Semana das Lecturas Terroríficas. Os pícar@s de 1º cantamos "O monstro das cores" adaptado á guitarra pola mestra Patricia. Grazas Patricia pola adaptación e pola edición deste vídeo. Feliz Samaín!!!

 
o mostro das cores 1º EP from bemilladoiro on Vimeo.

13.5.16

"De Peteiro a Manuel María"

A aula de 2º realizamos o proxecto que titulamos "De Peteiro a Manuel María", co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2016.
No seguinte vídeo veredes un resumo do proxecto e os fermosos produtos finais.

25.4.16

Padriños lectores de 2º

Un curso máis, recibimos aos nosos padriños lectores.
Este ano tocáronnos os/as alumnos/as de 6º, os máis maiores do cole!!!
Agradecer aos nosos padriños e madriñas o ben que elexiron os libros e o ben que nos leron, gozamos moito das súas lecturas!


11.3.16

Tangram e maxín

Os pícaros de 2º deixamos voar a nosa imaxinación coas figuras planas do Tangram.
Un libro de historias en imaxes que creamos entre tod@s, dende papaventos ata personaxes que nacen do noso maxín.
fatimaolv's Tangram album on Photobucket

22.1.16

"Caixas de recordos"

Unha tarefa integrada que permitiu a cada pícaro da aula de 2º crear a súa propia caixa de recordos.
Finalmente presentaron ao resto do grupo o que en cada caixa gardaron, expoñendo as súas curtas biografías.
Gran tarefa que nos permitiu coñecernos un pouco máis!
Que esas fermosas caixas non deixen de medrar!!!


fatimaolv's Caixas de recordos album on Photobucket